WinTV-NOVA-T, unha sintonizadora de TDT axeitada para os Mac

xoves, 26 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Para ver a televisión no ordenador os usuarios de ordenadores de Apple poden optar por adquirir distintas solucións hardware grazas ao software EyeTV 3.0, que finalmente se abriu a moito máis dispositivos que os fabricados por ElGato, e dende Applesfera advirten que as sintonizadoras USB WinTV-NOVA-T de Hauppauge son unha solución moi económica para achegar a TDT ao Mac, pois aínda que o seu prezo de venda ao público habitual é de 59,90 euros, actualmente se poden atopar a uns 32 euros, xa que o fabricante está a renovar a gama de sintonizadoras e os vellos modelos están en liquidación.

PUBLICIDADE