WhatsApp supera os 3 mil millóns de usuarios
venres, 2 de maio do 2025
Durante a presentación de resultados de Meta relativos ao primeiro trimestre do ano, o director xeral da compañÃa, Mark Zuckerberg, salientou a importancia crecente de WhatsApp no ecosistema da compañÃa. A plataforma de mensaxerÃa superou xa os 3.000 millóns de usuarios activos mensuais (o que supón un crecemento impresionante fronte aos 2.000 millóns de usuarios que tiña en 2020), aÃnda que nos EE.UU. se limite a pouco máis de 100 millóns de usuarios.
Consideran que a mensaxerÃa poderÃa converterse no vindeiro piar do seu negocio, e como mostra dixo Zuckerberg sinalou que, en paÃses como Tailandia e Vietnam, onde o custo laboral é baixo, WhatsApp xa se consolidou como canle de comercio directa entre empresas e consumidores. Estes mercados, malia estar entre os 30 primeiros do mundo por PIB, sitúanse entre os 10 ou 11 primeiros por ingresos para Meta, grazas ao uso intensivo da mensaxerÃa como ferramenta de negocio. A compañÃa cre que a intelixencia artificial permitirá estender este modelo a paÃses desenvolvidos, onde ata agora non era rendible debido ao alto custo da man de obra.
Nos vindeiros anos, Zuckerberg prevé que «toda empresa terá un axente de IA para atención ao cliente e vendas, igual que hoxe teñen un correo electrónico ou unha web». Meta está a traballar para que este proceso de implantación sexa «sinxelo e automatizado», aproveitando a información que as empresas xa teñen nas súas plataformas.
Durante a presentación ante os investidores, a directora financeira de Meta, Susan Li, engadiu que Meta está probando xa estes axentes de negocio con empresas seleccionadas en WhatsApp e Messenger, centrados nun inicio na venda de produtos e servizos. Estes axentes poden adestrarse co contido das páxinas web, perfÃs e páxinas sociais das empresas e tamén se están a integrar en anuncios de Facebook e Instagram.
Ademais, WhatsApp está a liderar o uso de Meta AI, a intelixencia artificial da compañÃa, dentro da súa familia de aplicacións. Segundo Susan Li, a maior parte das interaccións con Meta AI prodúcense en conversas un a un dentro de WhatsApp, onde os usuarios a empregan para buscar información, redactar textos ou manter conversas sociais.
Con esta nova orientación, WhatsApp avanza no seu proceso de transformación, buscando pasar de ser unha ferramenta de mensaxerÃa privada a un ecosistema comercial sustentado na intelixencia artificial.