WhatsApp proba os perfís de usuario verificados coa vista posta nas empresas

xoves, 19 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Aínda que polo momento non parecen ter iniciado a súa senda para a obtención de proveito económico do servizo, WhatsApp non cesa de incorporar novidades como as videochamadas e, aínda que dende o anuncio de que o servizo será de balde para o usuario final, parece que as empresas terán en breve ferramentas para poder utilizar de xeito fiable esta canle de comunicación, xa que veñen de descubrir que a última versión de proba de WhatsApp para Android agocha unha etiqueta para destacar perfís de usuario verificados que irían dirixidos a empresas, para que as persoas poidan comunicarse coas mesmas con confianza.
Espérase que esta funcionalidade chegue en breve tamén a iOS, de xeito que en poucas semanas poderiamos ver como WhatsApp avanza no seo empresarial para facilitar que as empresas empreguen a súa canle de comunicación dun xeito oficial e seguro.

PUBLICIDADE