WhatsApp mellora a súa privacidade
martes, 9 de agosto do 2022
Mark
Zuckerberg adianta hoxe varias caracterÃsticas que están a chegar a WhatsApp
e que supoñen importantes avances en privicidade, que en grande medida viñan
demandando os usuarios dende hai bastante tempo. Falamos, principalmente do
feito de poder controlar quen pode ver cando un usuario está en liña, opción que
podÃa configurarse anteriormente, pero que hai tempo desapareceu para deixar só
configurar a visibilidade da última conexión, de xeito que calquera persoa que
tivésemos na axenda podÃa ver cando estabamos a usar WhatsApp, o que resulta
moi invasivo para a intimidade dos usuarios.
Outra novidade que tamén resultará moi benvida é que cando un usuario abandone
un grupo non se notifique a ninguén, co que buscan que deixar un grupo no que
non se quere participar non resulte violento.
A última das funcionalidades que está a espallarse estes dÃas, e que sorprende
que aÃnda a vaian introducir agora, é o bloqueo das capturas de pantalla nas
mensaxes efémeras (se un contido se envÃa coa intención de que só poida verse
unha vez, está claro que o remitente non quere que se poida gardar unha copia
mediante unha captura de pantalla).
Adicionalmente WhatsApp tamén mudou un detalle nos últimos dÃas: agora teremos
2 dÃas para poder borrar as nosas mensaxes nas conversas.