WhatsApp incrementa as opcións para as mensaxes temporais
martes, 7 de decembro do 2021
Como un xeito de mellorar o control dos usuarios sobre as
súas mensaxes, WhatsApp incrementa as opcións de desaparición automática, de
xeito que agora podemos non só activar que todas as novas conversas da
aplicación teñan as súas mensaxes configuradas como temporais, senón que tamén permite
definir o seu tempo de caducidade en 24 horas, 7 dÃas ou 90 dÃas, o que
resulta moi práctico para os que non queiran deixar pegada das súas conversas a
longo prazo ou para os que simplemente busquen un uso máis hixiénico da
mensaxerÃa instantánea (ou sexa, facer limpeza de xeito periódico e automático,
evitando asà o esforzo de ter que facer limpeza de mensaxes cando temos
problemas de espazo no móbil).
A configuración das mensaxes temporais non só poden realizarse de xeito global,
para todas as conversas novas, senón tamén en calquera das conversas que
teñamos activas, nas que podemos indicar a caducidade das mensaxes en cada unha
de xeito independente.
No verán WhatsApp tamén estreou
os contidos que desaparecÃan tras verse unha única vez, polo que enténdese
que existe preocupación entre un bo número de usuarios sobre a permanencia das súas
comunicacións a longo prazo en dispositivos alleos, e para evitar que busquen
ferramentas de mensaxerÃa alternativas dende WhatsApp queren ofrecer ferramentas
que fagan doado un maior control da privacidade.