WhatsApp estrea aplicación para Apple Watch

martes, 4 de novembro do 2025 Marcus Fernández

WhatsApp vén de estrear a súa aplicación oficial para Apple Watch, que permitirá aos usuarios seguir as súas conversas sen ter que sacar o iPhone do peto. A versión para reloxo conectado, que pensabamos que tardaría máis en chegar xa que a súa versión en probas se estreou hai poucos días, integra moitas das funcións máis demandadas pola comunidade, como a lectura e redacción de mensaxes completas, o envío de notas de voz e as reaccións rápidas con emojis.
A aplicación tamén mostrará notificacións de chamadas, permitirá ver imaxes e adhesivos con maior claridade e ofrecerá acceso a un fragmento máis amplo do historial de chats directamente desde o pulso.
WhatsApp subliña que todas as mensaxes e chamadas seguen protexidas polo sistema de cifrado de extremo a extremo, garantindo a privacidade das comunicacións.
WhatsApp para Apple Watch está dispoñible para todos os modelos a partir do Series 4 con watchOS 10 ou versión posterior. Esta é só a primeira versión e continuará a recibir melloras conforme os usuarios vaian respondendo ante a aplicación que facilita por fin que un usuario dun reloxo de Apple con conectividade móbil poida servir facer exercicio ou saír un anaco da casa sen levar o smartphone e sen perder a comunicación cos seus achegados.