WhatsApp comeza a limitar os reenvíos de mensaxes para mitigar os díxomes

venres, 20 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Nos últimos meses reafirmouse o perigo de WhatsApp como unha fonte de desinformación, que levou incluso a accións violentas en varios países (especialmente na India) polo que nun principio a aplicación móbil xa incorporou un cambio hai uns días, que consistía en etiquetar as mensaxes reenviadas para que a xente fose consciente de que non a asinaba o seu remitente, convidando así a rachar montas mensaxes en cadea, pero esta medida non é dabondo e agora anuncian novos cambios nos reenvíos, que polo momento están en probas, para comprobar a súa recepción por parte dos usuarios antes de establecelos definitivamente.
Entre estes cambios teñen que agora limitarase o número de persoas ás que pode reenviarse unha mensaxe, de xeito que só será posible reenviar un contido a 20 conversas á vez (5 no caso da India), á vez que tamén eliminarán o botón de reenvio que aparece ao lado das mensaxes multimedia, buscando así reducir os reenvíos impulsivos, que en certos mercados están a converterse nun serio problema ao contribuír esaxeradamente á distribución de díxomes.

PUBLICIDADE