Western Digital estrea routers Wi-Fi
xoves, 14 de xuño do 2012
- O router WD My Net N900 conta con 7 portos Gigabit Ethernet e 2 portos USB
Western Digital, popular fabricante de discos duros e
reprodutores multimedia, entra
no mercado das redes domésticas sen fÃos cunha familia de routers deseñados
especialmente para acelerar a reprodución de pelÃculas, vÃdeos e videoxogos,
grazas a que incorporan unha tecnoloxÃa exclusiva chamada FastTrack que detecta
en tempo real o tráfico de contidos de rede, acelerándoos para que funcionen
sen interrupcións, o que é especialmente crucial no caso de contidos en alta
definición.
A compañÃa aproveitou a súa experiencia en reprodutores multimedia (que xa
tiñan capacidades de rede) para detectar os problemas de sobrecarga nas redes
sen fÃos domésticas, polo que souberon atopar unha solución para tal
problemática.
Os routers sen fÃos de dobre banda de WD detectan as conexións a servizos como
Xbox LIVE, YouTube, Skype e outros, para darlles prioridade, e que asà os
servizos de lecer poidan funcionar dun xeito máis satisfactorio.
Os routers My Net tamén contan cun sistema de configuración doado e intuitivo,
dende o que podemos incorporar axustes de control parental, seguridade en
Internet, acceso á rede para convidados, nome e contrasinal de rede, axustes de
impresora e escáner e asignación de unidades de almacenamento.
Unha das vantaxes destes dispositivos e a posibilidade de empregalos para
centralizar o almacenamento de datos e as copias de seguridade de todos os
ordenadores do fogar, permitindo incluso crear unha nube persoal para poder acceder aos contidos dixitais de xeito
remoto en calquera momento e lugar.
- O router My Net N900 Central comercialÃzase cun disco duro interno de 1 ou 2 Tb de capacidade
A familia WD My Net está composta polo router My Net N600 (capaz de crear 2 redes de ata 300 Mbps cada unha e conta con 4 portos Fast Ethernet e 1 porto USB), o My Net N750 (capaz de tender unha rede a 300 Mbps e outra a 450 Mbps, con 4 portos Gigabit Ethernet e 2 portos USB), o My Net N900 (que xestiona 2 redes sen fÃos a 450 Mbps cada unha, con 7 portos Gigabit Ethernet e 2 portos USB) e un completo My Net N900 Central (que xestiona 2 redes sen fÃos de 450 Mbps cada unha, ten 4 portos Gigabit Ethernet, 1 porto USB e integra un disco duro interno de 1 ou 2 Tb capaz de funcionar como almacenamento en rede ou como sistema de copia de seguridade sen fÃos). Completan esta familia o conmutador Gigabit Ethernet My Net Switch. Este último está á venda por 89 euros, mentres que os routers comercialÃzanse a 139, 179, 299, 529 e 629 euros para o My Net N600, N750, N900, N900 Central (1 Tb) e N900 Central (2 Tb) respectivamente.