Webphone pecha a súa primeira rolda de financiamento

venres, 17 de xuño do 2011 Redacción

JPEG - 117.8 KB
David Bello Gacio é o fundador de IPglobal e Webphone

Webphone, emprendemento tecnolóxico coruñés gañador do IV Campus de Emprendores SeedRocket, pechou este mes a súa primeira rolda de financiamento por un montante total de 1,2 millóns de euros, o que permitiu a entrada dun socio industrial, que tomou unha participación en IPGlobal, a empresa matriz de Webphone, e que recomprou a participación dos mentores que investiron no IV Campus.
A startup, desenvolveu un sistema click to call que permite aos anunciantes aumentar as súas vendas ata un 30%, e que conta entre os seus clientes con empresas como Barceló Viajes, Darty ou Simyo, o terceiro operador de telecomunicacións que contrata os servizos de Webphone.
A entrada deste socio industrial, un importante grupo empresarial español con presenza en máis de 20 países, permitirá a internacionalización da compañía, así como o crecemento do equipo e un grande investimento en hardware e infraestrutura.
Francia, Alemaña, Reino Unido e Italia son o primeiro obxectivo da compañía, que desembarcará a continuación en América Latina, comezando por Arxentina e Brasil, países nos que o seu novo socio conta cunha consolidada infrasestructura e que destacan polo potencial da súa demanda interna.
Os socios fundadores, César Perez e David Bello, continúan á fronte do proxecto, liderando esta nova fase para a que van reforzar o equipo técnico con perfís estratéxicos, expertos en sistemas e en voz IP, case 40 persoas conformarán o equipo antes do remate de xullo (actualmente ten un cadro de persoal formado por 15 integrantes).

JPEG - 107.8 KB
Webphone vai pasar en breve de 15 a 40 traballadores como unha aposta de futuro

PUBLICIDADE