Webcam Bluetooth para Mac

martes, 23 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Os maqueiros que consideren que a colocación dunha webcam fixa na pantalla dos seus equipos limita o seu uso, poden adquirir a cámara web sen fíos BT-1, que se comunica co equipo a través de Bluetooth e é capaz de capturar vídeo a 640 x 480 píxeles a 15 fotogramas por segundo comprimido en H.264, cargable por USB (cunha autonomía de 4 horas) e que vén cun mini-trípode para facilitar a súa colocación.
O dispositivo permite así colocar a cámara en distintos ángulos, dando un toque especial ás videoconferencias. Ao non contar con cables é doado situar a cámara en case calquera lugar preto do noso equipo informático, é compatible coas aplicacións máis habituais (coma iChat e Skype) e nun principio só é compatible con Mac OS X (descoñecemos se incluirá soporte para Windows no futuro) e como grande pega ten o seu elevado prezo: 149 dólares (106,44 euros).

PUBLICIDADE