We Ski permitirá esquiar coa Wii Balance Board

martes, 4 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Namco Bandai anunciou na primavera lanzarán o xogo We Ski para Nintendo Wii, que destaca por facer uso da Wii Balance Board que en breve chegará ás tendas europeas.
O novo xogo permitirá a práctica do esquí de ata 4 xogadores simultáneos permitindo empregar o noso propio Mii (personaxe personalizado) e, no caso de non contar coa táboa de equilibrio da Wii, tamén se poderá manexar co Wiimando e o Nunchuck.
We Ski pretende ser un título axeitado tanto para xogadores casuais coma para entusiastas dos xogos deportivos, que valéndose da Wii Balance Board poderán vivir unha expeciencia de xogo moi realista, pois se deberán inclinar dun lado a outro para manexarse nos descensos de montaña.

PUBLICIDADE