Wacom presenta as súas novas tabletas profesionais con Windows 10
mércores, 5 de outubro do 2016
Wacom
presentou hoxe a súa nova liña de equipos portátiles que integran a súa
tecnoloxÃa de debuxo, os Wacom
MobileStudio Pro, equipos para usuarios profesionais que queiran crear en
mobilidade cunha potencial que normalmente só podÃa conseguirse en equipos de
escritorio, e que chegan con pantallas de 13,3 e 15,6 polgadas e resolucións de
até 4K, conseguindo un grande rendemento grazas a integrar gráficas nVIDIA
Quadro.
Estamos ante equipos que funcionan con Windows 10, o que permÃtelles empregar
aplicacións consideradas un estándar na industria como o Photoshop e o
Illustrator, asà como aplicacións de creación en 3D, de xeito que non estarÃan
tan limitados como o Apple Pro, facendo portátiles os fluxos de traballo propios
do escritorio.
Wacom MobileStudio Pro serÃa o primeiro produto de Wacom en incluÃr o novo Pro
Pen 2, un lapis dixitalizador de grande precisión, que consegue a sensación de
funcionar sen retardos, e que está optimizado tanto para realizar ilustracións
2D como deseños 3D. Precisamente no que se refire ao 3D haberá modelos destes
equipos que integren cámaras Intel 3-D RealSense coas que poder empregar
aplicacións como ZBrush ou Fusion 360 para converter obxectos reais en modelos
tridimensionais cos que traballar no ordenador.
O Wacom MobileStudio Pro parte de equipos con pantalla IPS WQHD de 13,3
polgadas con procesadores Intel Core i5/i7, 4/8 GB de RAM, gráficas Intel Iris
ou nVIDIA Quadro e unidades SSD de entre 64 e 512 GB de capacidade a prezos de
entre 1.499 e 2.499 dólares; mentres que os modelos con pantalla IPS 4K de 15,6
polgadas serÃan dous: un cun procesador Intel Core i5, 8 GB de RAM, 256 GB de
SSD, gráfica nVIDIA Quadro (con 2 GB de memoria) que custarÃa 2.399 dólares, e
outro cun procesador Intel Core i7, 16 GB de RAM, 512 GB de SSD e gráfica
nVIDIA Quadro (con 4 GB de memoria) que venderase por 2.999 dólares. Os equipos
con 512 GB de SSD serÃan os que integrasen a mencionada cámara RealSense, e
espérase que estes equipos cheguen ao mercado o mes que vén.