Wacom prepara unha stylus para o iPad

martes, 19 de abril do 2011 Marcus Fernández

Aínda que unha das principais vantaxes do iPad sexa a súa pantalla capacitiva, o uso dos dedos como interface non goza de moita precisión, de aí que Wacom estea a prepara o Bamboo Stylus, un accesorio con forma de bolígrafo que pesa 20 gramos e ten unha punta de só 6 milímetros que é detectada pola pantalla do tablet de Apple coma se dun dedo se tratase, achegando a precisión ás aplicacións de debuxo, de edición fotográfica ou incluso para tomar notas, contribuíndo tamén a manter limpa a pantalla do iPad.
Este novo accesorio sería válido para calquera pantalla capacitiva (non só para terminais de Apple) e sairá á venda a primeiros de xuño a 29,90 euros.

PUBLICIDADE