Wacom leva as súas pantallas interactivas ás 13,3 polgadas

martes, 19 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Wacom quixo facilitar o traballo dos profesionais do deseño e outras actividades creativas ampliando a súa familia de tabletas cos pantallas interactivas Cintiq 22HD e Cintiq 24HD, á venda por 1.799,90 e 2.299,90 euros respectivamente, o que non está ao alcance de moitos por mor do seu prezo, de aí que agora estreen un novo dispositivo desta liña, máis compacto e económico: o Cintiq 13HD, que poderá mercarse por 899,90 euros, e que ofrece unha pantalla de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, cun ángulo de visión de 178 graos, que integra un soporte que facilita a súa colocación en 3 ángulos de traballo e sobre o que pode traballarse cun lapis que detecta 2.048 niveis de presión diferentes.
Esta mestura entre tablet e tableta dixitalizadora, pese a chegar nun formato compacto, non elimina prestacións, contando con 4 teclas ExpressKeys programables, interruptor Rocker Ring e botón Home, que axilizan o traballo e incluso permiten a súa configuración para usuarioo xergos.
Este dispositivo que chegará ao mercado no mes de abril é compatible con ordenadores PC e Mac, cos que comunícase a través de USB e HDMI (contando cun cable 3 en 1 para reducir a maraña de cables habitual nos escritorios informáticos).


Vídeo de presentación do novo produto de Wacom

PUBLICIDADE