Vodafone traerá en exclusiva o primeiro Windows Phone de LG
venres, 4 de setembro do 2009
LG e Vodafone
anunciaron esta semana o lanzamento do novo
móbil LG GM750, que está baseado no sistema operativo Windows Mobile
6.5 que sairá oficialmente o vindeiro 6 de outubro, e que inicialmente chegará
ao mercado español no mes de decembro en exclusiva coa operadora
británica.
Este terminal estarÃa dirixido a un público profesional, xa que pretende servir
principalmente para un acceso rápido á web e ao correo electrónico e a
sincronizar o calendario do usuario. Conta cunha pantalla táctil de 3 polgadas
cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, fai uso da interface S-Class 3D (popular
polo terminal LG Arena), integra funcións de navegación GPS e tamén conta con
conectividade Wi-Fi, funcións de reprodución multimedia e cámara de 5 MpÃxeles.