Vodafone trae a España o modem 3G Toshiba G450

luns, 11 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O Toshiba G450 é un módem 3G que tamén funciona coma reprodutor de MP3 e móbil

Hai meses falamos do curioso modem 3G USB Toshiba G450, que é un dispositivo que combina tamén reprodutor de MP3 e un teléfono móbil básico que permite establecer comunicacións HSDPA a velocidades de ata 3,6 Mbps (soportando tamén conexións UMTS, EDGE e GPRS).
O Toshiba G450 se pode empregar para enviar SMS e facer chamadas, aínda que non parece un dispositivo moi cómodo para tales usos (que parecen dirixidos a usos de emerxencia), a reprodución multimedia está limitada pola súa pouca memoria interna (160 Mb) e as súas funcións coma modem 3G son a súa razón de ser, e para tal fin xa o comercializa en España Vodafone, asociado a plans de datos cun compromiso de permanencia de 18 meses a prezos de 59 ou 39 euros segundo a tarifa contratada.

PUBLICIDADE