Vodafone presenta un móbil pensado para os maiores

xoves, 30 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Vodafone España e Emporia presentaron hoxe en A Coruña o terminal móbil Emporia RL1, que comercializa en exclusiva Vodafone e que dá resposta a aqueles que demandan móbiles para comunicarse de xeito claro con familiares e amigos. Na presentación participaron o psicólogo Bernabé Tierno, que destacou os beneficios da comunicación para ter unha vida feliz, e María Dolores Novo, da Unión Democrática de Pensionistas, que se centrou na necesidade de que existan tecnoloxías accesibles que eviten o illamento de colectivos como o de persoas maiores.
O novo Emporia RL1 é un terminal de pequenas dimensións (107 x 50 x 12 milímetros), peso lixeiro (92 gramos) e atractivo deseño, doado de utilizar. Estamos ante un terminal de doado uso, compatible con audiófonos, que posúe teclas extra grandes con puntos de presión claramente recoñecibles e unha ampla pantalla OLED de alto contraste para facilitar a lectura. Integra a funcionalidade de lanterna LED e a súa base de carga destaca por contar cun botón que permite activar directamente o mans libres do móbil, facilitando o uso do terminal no fogar sen ocupar as nosas mans.
O Emporia RL1 está dispoñible en tendas e na Tenda Online de Vodafone dende 0 € para altas novas e clientes que fagan unha portabilidade (cambio de operador mantendo o número) con permanencia de 18 meses e consumo mínimo de 8 € ao mes.

José Manuel Azorín destacou as bondades do servizo de tele-asistencia asociado ao Emporia RL1

José Manuel Azorín, responsable da Unidade de Produtos Sociais de Vodafone España, destacou que «en Vodafone traballamos cada día para ofrecer dispositivos móbiles e servizos que faciliten a comunicación de todas as persoas e lle acheguen beneficios. O principal obxectivo é dar resposta ás necesidades das persoas dependentes, empregando os últimos avances en tecnoloxía e telecomunicacións e total cobertura en servizos asistenciais, para dar apoio dentro e fóra do fogar á persoa que o precise».
Como grande novidade o novo móbil inlúe un servizo de asistencia e asesoramento de balde que subministra a empresa Asmedit e que permitirá que os propietarios do teléfono Emporia RL1 poidan resolver as súas dúbidas de carácter socio-sanitario (interpretación de análises clínicas, posoloxía de medicación...), xurídico (dereitos da Seguridade Social, pensións, divorcios, viuvez...), psicolóxico (relacións afectivas infancia...), nutricional (axudas equilibradas e hábitos alimenticios, axudas asociadas a patoloxías específicas), sociais (dúbidas sobre axudas á familia, de orfandade...), informáticas (utilidades do software ou hardware) e contarán cun servizo permanente de axuda no uso do teléfono móbil as 24 horas do día todos os días do ano.

O Emporia RL1 destaca polo grande tamaño dos seus botóns e do texto na súa pantalla, así como de elevados niveis de volume nos seus auricular e timbres

PUBLICIDADE