Vodafone impulsa o uso da banda larga móbil para felicitar as festas

luns, 22 de decembro do 2014 Redacción

Coa chegada do Nadal era habitual ver como os operadores de telefonía móbiles lanzasen ofertas para facer máis asumible o envío masivo de mensaxes de texto para felicitar as festas, pero adaptándose aos novos temos agora como Vodafone fai algo semellante coas súas tarifas de datos, de xeito que lanza para os seus clientes particulares a promoción GB Ilimitados, que consiste que por 2 euros adicionais gozarán de datos ilimitados entre o 22 de decembro até o 7 de xaneiro de 2015, para facilitar o envío de vídeos e moitos outros contidos en liña durante o Nadal.
Os usuarios de Vodafone que queiran contratar esta promoción poden activala marcando no seu smartphone o número *555# e premendo a continuación a tecla de chamada e cómpre salientar que aínda que se fale de datos ilimitados, o servizo ten un máximo de 40 Gbytes de transferencia para evitar abusos e non prexudicar á calidade do servizo, xa que as limitacións actuais fan que non resulte viable poder ofrecer unhas tarifas de datos como as que estamos afeitos en comunicacións de cable.


Anuncio televisivo desta nova promoción

PUBLICIDADE