Vodafone lanza unha app para a rapazada con máis de 3.000 contidos
venres, 12 de abril do 2019
Vodafone
lanzou hoxe unha aplicación para móbiles destinada a garantir a
tranquilidade das nais e dos pais perante os contidos que a rapazada
poida ver ou empregar, ao tempo que asegura un lecer educativo,
construtivo e creativo para os pequenos usuarios. Estamos a falar de
Kids Planet, app lanzada en colaboración coa compañÃa
OnMobile e que sae ao mercado de ferramentas con máis de 3.000
contidos de Sanrio, Planeta Junior, Highlights for
Children, Lingo Kids ou Motion Pictures. Segundo
confirmou a operadora, Kids Planet non é unha aplicación calquera:
é unha achega de alto valor educativo para nenas e nenos de entre 3
e 12 anos. A gran pega é que
polo de agora non se ofrece en galego, aÃnda que si en catalán e
castelán.
Por
cousas concretas coas que
poderán atoparse os rapaces, preséntase (dende calquera
dispositivo) un amplo abano de xogos, vÃdeos, contos e cancións.
Por outra banda, a app
pon en xogo diversos recursos para que o carácter positivo da mesma
fique sempre asegurada: achégase unha contorna segura que
impide que o neno poida acceder a outras apps do teléfono ou
navegar en Internet, permÃtese establecer diferentes perfÃs segundo
a idade dos nenos, é posÃbel definir un número de horas nas que se
pode utilizar o servizo, e tamén subminÃstrase a posibilidade de
comprobar a quen contidos accederon.
Porén,
malia que Kids Planet sae ao mercado cunha ampla marxe de linguas
dispoñÃbeis (español, inglés e catalán), non se ofrece polo de
agora en galego, aÃnda que está fóra de toda dúbida que Vodafone
gañarÃa prestixio e confianza no mercado da nosa terra se o fixese.
A ferramenta, polo demais, ten tamén a vantaxe de que se permite
descargar contidos para podermos acceder a eles sen conexión. Amais,
non hai publicidade nin compras incluÃdas.
Kids
Planet pódese utilizar en smartphones e tabletas cun mes de
proba gratuÃta e está dispoñÃbel en Google Play, Vodafone Start e
na web www.kidsplanetvodafone.es
desde hoxe. En datas vindeiras tamén estará accesÃbel para iOS.