Vodafone lanza ONE Profesional para autónomos e pequenas empresas

mércores, 24 de febreiro do 2016 Redacción

Vodafone España presentou esta mañá ONE Profesional, a solución dixital dirixida ao mercado profesional e das pequenas empresas que aposta por impulsar as dixitalización como panca de crecemento imprescindible para este segmento. O obxectivo de Vodafone é axudar aos clientes para aproveitar as vantaxes que brindan actualmente as redes e Internet para os seus negocios de forma que poidan ser máis produtivos.
A proposta Vodafone ONE Profesional inclúe os servizos de comunicación que xa contén Vodafone ONE, o paquete converxente que Vodafone lanzou ao mercado de particulares hai un ano con Fibra Ono, 4G, Fixo e Televisión, e que teñen contratados máis de 1.140.000 clientes. Sobre esta base, Vodafone deseñou unha completa oferta de solucións dirixidas a impulsar a transformación dixital dos pequenos negocios que hoxe en día atopan importantes barreiras para potenciar adecuadamente o seu negocio na rede.
Actualmente, as porcentaxes e uso de tecnoloxía e Internet nas pequenas empresas e profesionais españois son baixos segundo algúns estudos recentes: menos do 30% dos autónomos teñen páxina web, e existe un déficit de coñecemento xeneralizado nos beneficios reais que supón a Rede nos negocios.
Os principais servizos de valor que diferencian Vodafone ONE Profesional son: Tu Negocio Online, Solución Profesional, Google Apps, Wifi para tu Negocio e IP Fija. Estas solucións profesionais foron desenvolvidas para atender a demanda dos autónomos e pequenos negocios en todo o referente a dixitalización do negocio, seguridade, ferramentas de colaboración e mellora na experiencia de clientes, aproveitando as oportunidades de comunicación que ofrecen a fibra, a rede 4G, o servizo de telefonía fixa e o servizo de televisión adaptado tanto ás necesidades privadas (fogares) como públicas (oficinas, locais de hostalaría).
Vodafone One Profesional ofrece ademais aos clientes profesionais e pequenas empresas un servizo de asesoramento personalizado para ofrecer as solucións máis idóneas para a súa actividade e características. A análise do negocio iníciase cunha valoración do nivel de dixitalización a través dunha plataforma de contido creada por Vodafone, que dará continuidade á comunicación co operador.
Andrés Vicente, director xeral da Unidade de Negocio de Empresas de Vodafone España, destacou durante a presentación desta mañá que “este lanzamento cambia por completo a proposta comercial para o segmento dos pequenos negocios e profesionais. Actualmente non existe ningunha solución no mercado que cubra estas necesidades en material de dixitalización, e nós queremos consolidarnos como o mellor socio tecnolóxico para microempresas e profesionais, impulsando a transformación dixital dos seus negocios grazas ás solucións de Vodafone ONE Profesional”.

PUBLICIDADE