Vodafone faise coa exclusiva dalgúns dos móbiles máis desexados do momento
luns, 10 de setembro do 2007
Nas últimas semanas parecÃa que as operadoras de telefonÃa móbil europeas
estaban a pelexar a morte por facerse coa exclusiva da comercialización do
iPhone de Apple, pero o certo é que tamén miran doutros terminais no mercado
para poder captar novos clientes (e reter ós actuais) e Vodafone
vén de desvelar cal será a súa aposta para o Nadal, de xeito que se fixo
coa distribución exclusiva do Nokia
N95 cun disco duro de 8 Gb, o Samsung SGH-F700V e o Sony
Ericsson W910i.
Estes novos móbiles resultan especialmente atractivos para moitos usuarios, e
asÃ, o desexado Nokia N95 (que destacaba por ter GPS e unha cámara de 5 MpÃxeles)
terá aÃnda máis caché comercializado
por Vodafone (ó incorporar 8 Gb de capacidade para o almacenamento de contidos
multimedia), mentres que o Samsung
SGH-F700V é un dispositivo moi axeitado para os amantes da produtividade móbil,
xa que aparte dunha grande pantalla inclúe un teclado QWERTY deslizante. Os
amantes da liña Walkman de Sony terán pola súa banda o W910i, que combina á
perfección a multimedia coa banda larga móbil.
A compañÃa británica ampliará o seu abano de móbiles con modelos baixo a súa
propia marca, coma son o Vodafone 810 (deslizante) e o Vodafone 720 (de tapa).
A meirande parte dos modelos que se lanzarán de cara ó final do ano non só terán
3G, senón que soportarán HSDPA, e incluirán o soporte de servizos coma eBay,
Google, Google Maps, MySpace ou YouTube, asà coma o correo electrónico ou a
mensaxerÃa instantánea.