Vodafone estrea un produto empaquetado orientado ao teletraballo

mércores, 25 de maio do 2022 Marcus Fernández

Vodafone Business lanzou esta semana un novo paquete de solucións dirixidas a profesionais e pequenas empresas que inclúe servizos de conectividade e o equipamento necesario para poder teletraballar dende o fogar coas mesmas prestacións que na oficina.
O novo Vodafone Pack Teletrabajo inclúe o paquete Vodafone One Plus con fibra de 600 Mbps, unha liña con chamadas ilimitadas e datos ilimitados (cunha segunda liña de balde durante o primeiro ano), o paquete de televisión Seriefans ou Familyfans con decodificador incluído, e os servizos OneNumber e Secure Net.
Pero a oferta de Vodafone non remata aí, e conta tamén con Microsoft 365 Empresa (que inclúe o software ofimático de Microsoft, 1 TB de almacenamento en OneDrive, Microsoft Teams e SharePoint), un ordenador portátil Huawei Matebook D14 e uns auriculares sen fíos Microsoft Modern.
Esta proposta comercial de Vodafone ten un prezo de 83,45 euros/mes durante o primeiro ano, pasando logo a custar 100,96 euros/mes (prezos aos que habería que engadir o IVE).

PUBLICIDADE