Vodafone estrea un novo móbil para chatear

xoves, 15 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Pensando nun público mozo de polgares áxiles Vodafone incorpora ao seu catálogo o terminal Vodafone 865 Smart Chat, que funciona con Android 2.3 e está dotado dunha pantalla de 2,4 polgadas (cunha resolución de 320 x 240 píxeles), cámara traseira de 3 Mpíxeles, tarxeta de memoria de 2 Gb (soporta tarxetas de ata 32 Gb) e un teclado QWERTY, prestacións suficientes para poder manter a actividade nas principais redes sociais dende o móbil dun xeito áxil.
Este móbil de 150 gramos de peso e 10,9 milímetros de grosor está dispoñible por 0 euros para portabilidades coa tarifa Base de 14 euros/mes (cun pago inicial de 19 euros para altas novas coa mesma tarifa), podendo adquirilo tamén os usuarios de prepagamento por 85 euros.

PUBLICIDADE