Vodafone agasalla GB aos seus clientes

xoves, 7 de xuño do 2018 Redacción

Vodafone vén de lanzar unha nova promoción a través da que agasalla GB aos seus clientes, unha comunidade integrada por 6,5 millóns de usuarios dos servizos da operadora (de contrato e de pre-pagamento), que poderán gozar de 1 GB de datos de regalo os días que xogue a selección española de fútbol, a partir do vindeiro 15 de xuño. Segundo informa a firma de telecomunicacións, grazas a esta promoción, “os clientes poderán ver os mellores intres da selección no seu móbil a través da aplicación Vodafone TV, comentar nas redes sociais as mellores xogadas, acceder a Internet, etc”.
Quen desexe tirar proveito da promoción, terá que activar o GB de agasallo a través da aplicación Mi Vodafone o mesmo día de cada encontro deportivo, e poderán desfrutar do “presente” dende a activación do servizo até as 23.59 horas do día seguinte. Por outra banda, os clientes con tarifas de contrato M ou superiores que viaxen a Rusia este verán poderán utilizar alí a súa tarifa coas mesmas condicións e características que no territorio estatal, por 15 euros ao día.
Para máis información sobre a devandita promoción, cómpre visitar a web vodafone.es/c/la-roja/.

PUBLICIDADE