Vodafone TV estrea aplicación de radio

martes, 1 de decembro do 2020 Marcus Fernández

Os receptores de Vodafone TV están a estrear a aplicación Vodafone Radio, que facilita o acceso a preto dun cento de emisoras radiofónicas de todas as categorías, estatais e locais, entre as que destacan Cadena SER, Onda Cero, COPE, RNE, Los40, Cadena Dial, Cadena 100, Hit FM, Europa FM, Kiss FM e Rock FM, e ás que irán engadíndose máis emisoras a medida que se fagan compatibles.
Esta aplicación de balde para os clientes de Vodafone TV non só permite o acceso ás emisións en directo, senón tamén aos podcasts das distintas cadeas, facilitando así a reprodución de contidos á carta. O sistema tamén achega recomendacións en función das emisoras seleccionadas polo usuario.

PUBLICIDADE