Vivo traerá a Europa o seu smartphone X90 Pro

venres, 3 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Os novos móbiles insignia de Vivo confirmaron o seu lanzamento global, co excepción do Vivo X90 Pro+, que polo momento limítase ao mercado chinés, para decepción dos que querían facerse cun dos móbiles máis interesantes do mercado por contar cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2 e unha das mellores cámaras.
O terminal que si veremos no noso mercado é o Vivo X90 Pro, con pantalla AMOLED de 6,78 polgadas, procesador MediaTek Dimensity 9200, até 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento UFS 4.0 e batería 4.870 mAh con carga rápida por cable de 120 watts e carga sen fíos de 50 watts.
O Vivo X90 Pro ten como sensor principal un Sony IMX 989 de 1 polgada e 50 Mpíxeles certificado por ZEISS, acompañado por un grande angular de 12 Mpíxeles e un zoom 2x de 50 Mpíxeles (que promete grandes fotografías de retrato).
Adicionalmente tamén hai un Vivo X90, que conta con peores cámaras e prescinde de carga sen fíos, pero que non está previsto que se venda en Europa.

PUBLICIDADE