Vivitar facilita a creación económica de fotografías e vídeo 3D

luns, 21 de novembro do 2011 Marcus Fernández

A ViviCam T135 é unha cámara compacta económica con prestacións 3DA tecnoloxía 3D pode ser só unha moda, pero quen queira experimentar coa mesma sen arriscar moito pode apostar por dispositivos como os de Vivitar, que conta con 2 cámaras 3D que nos EE.UU. poden adquirirse agora por só 99 dólares (73,46 euros), permitindo ambas tomar fotografías estereoscópicas e gravar vídeo 3D, aínda que chegando en formatos diferentes.
Así, a ViviCam T135 chega como unha cámara fotográfica compacta de 12,1 Mpíxeles, cun visor de 2,7 polgadas, zoom dixital de 5x e conectividade USB 2.0 é ideal para quen quere experimentar coa fotografía, facendo un uso ocasional do vídeo; mentres que a DVR 790HD opta por sacar fotografías só a 5,1 Mpíxeles, zoom dixital de 4x, visor de 2,7 polgadas, conectividade USB 2.0 e tamén saída de televisión e porto HDMI, de xeito que os vídeos de alta definición (720p) rexistrados poden visualizarse directamente dende un televisor. Esta última cámara tamén conta con YouTube Express (prestación coa que facilita a publicación de vídeos en YouTube).

JPEG - 35.8 KB
A DVR 790HD de Vivitar é máis axeitada para a gravación de vídeo, polo seu formato e por contar con saída de televisión

PUBLICIDADE