Vitae organiza entre abril e maio a nova edición do seu curso sobre testeo avanzado con Cypress

martes, 21 de marzo do 2023 S. P.

A consultora Vitae tennos deparada esta primavera que vén de comezar unha máis que completa axenda formativa e capacitadora para mellorar a nosa excelencia profesional, actualizar coñecemento innovador e tecnolóxico e mellorar, en última instancia, a calidade e a competitividade dos nosos produtos tecnolóxicos. Na destacada axenda de cursos para estes meses atopamos a nova edición (a cuarta) do Curso sobre Testing e2e avanzado con Cypress. Desenvolverase novamente en formato de aula virtual e incluirá 12 horas de formación. Celebrarase os días 25 e 27 de abril e 2 e 4 de maio de 2023. Consiste nunha proposta formativa para que sexamos quen de facilitar, axilizar, simplificar e rendibilizar o noso traballo como desenvolvedores TIC.
En palabras da consultora galega, estamos ante unha oportunidade para automatizar unha parte fundamental do noso traballo: as probas de aplicacións web. Seguindo Vitae, é nese punto onde comeza a garantía de calidade dun proxecto.
O curso pon o foco en Cypress, un recurso do que podemos botar man para definir e executar os tests de maneira cómoda e sinxela.
Os obxectivos desta actividade formativa son configurar e executar probas con Cypress, simular interaccións de usuario complexas, traballar con servizos de datos remotos e integrar ferramentas.
O curso sobre testing avanzado con Cypress está dirixido principalmente a programadores de aplicacións web con experiencia. É válido para Angular, ASP.net, Java, PHP, React ou Vue, entre outros recursos. Impartirase en modalidade de aula virtual con clases en directo.
O formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a día de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae Consultores.

PUBLICIDADE