Vitae organiza en marzo a 3ª edición do seu curso sobre Microsoft Fabric
martes, 10 de febreiro do 2026
A consultora galega Vitae, referente galego e estatal en formación tecnolóxica avanzada para empresas e profesionais TIC, organiza este mes de marzo a terceira edición do curso Introdución a Microsoft Fabric, de 9 horas de duración, a desenvolver os dÃas 9, 11 e 16 de marzo.
Trátase dunha nova actividade formativa de Vitae Consultores destinada a facilitar o traballo dos profesionais das TI. Achégase novamente en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
O curso é un convite a descubrir como Microsoft Fabric pode satisfacer as necesidades de análises da nosa organización nunha soa plataforma, reducindo a complexidade do despregamento e a planificación dos custos.
Lembrar que Microsoft Fabric é unha plataforma de datos e análises integral deseñada para empresas que requiren unha solución unificada. Abrangue o movemento de datos, o procesamento, a transformación, o encamiñamento de eventos en tempo real e a creación de informes. Ofrece un conxunto completo de servizos, como EnxeñarÃa de Datos, Ciencia de Datos, Análise de Datos en Tempo Real, Data Warehouse, Intelixencia do Negocio e Bases de Datos. Grazas a este curso de Vitae, obteremos información sobre Microsoft Fabric, como funciona e como identificar como e cando utilizalo para as nosas necesidades.
Con este curso inicial sobre Microsoft Fabric, as persoas participantes familiarizaranse co ecosistema, o fluxo de traballo completo dende a preparación ata a visualización de datos, e aplicarán conceptos con exercicios prácticos. O obxectivo é brindar fundamentos sólidos para proxectos de datos e análises en Microsoft Fabric.
A persoa encargada de impartir estes contidos será Toni Jurado, enxeñeiro técnico en Informática de Xestión pola Universidade Autónoma de Barcelona. Toni conta con máis de 20 anos de experiencia impartindo formación técnica para empresas a todos os niveis, compaxinando esta tarefa coa consultorÃa de Power BI, DAX, Power Query, Power Pivot e Excel. É experto en Microsoft Power BI, e conta co Certificado MVP por Microsoft, o que o acredita como uns dos mellores expertos recoñecidos por Microsoft en Power BI en España. Ademais é Data Analist PL300 e autor do libro Fundamentos de Modelo en Estrella.
