Vimeo merca VHX

luns, 2 de maio do 2016 Marcus Fernández

A compañía especializada na apertura de plataformas comerciais de vídeo a través da Internet na que poder distribuír películas, programas de televisión ou series web, VHX, confirmou hoxe que entra a formar parte da familia de Vimeo. mantendo polo momento a súa independencia, aínda que confían en que a longo prazo a súa compra por parte de Vimeo poida facilitarlles un maior crecemento, para poder potenciar a súa infraestrutura, as súas aplicacións móbiles... en definitiva, aproveitar o feito de formar parte dunha empresa de maiores dimensións.
Actualmente VHX permite a creación de redes de vídeos que poden venderse ou alugarse (ou aceptar subscricións), facilitando toda a plataforma que permite dende a publicación en liña até o procesamento dos pagamentos, pasando pola creación de analíticas, sendo unha solución moi flexible que incluso permite a produción de aplicacións de marca branca para Apple TV, iOS, Android e Chromecast, axudando así a que os produtores de vídeos podan sacar rendemento da súa creación, para o que contan cunha estrutura de prezos baseada en comisións que fai que sexa unha boa solución tanto para iniciativas puntuais como para ambicioso proxectos audiovisuais.
A operación de adquisición por parte de Vimeo podería servir para que Vimeo puidese aproveitar o coñecmento dos 22 profesionais de VHX para potenciar a súa plataforma de vídeo en liña, explorando novas oportunidades para o vídeo a través da Rede.

VHX facilita a creación de plataformas para comercializar vídeos mediante a subscrición, a venda ou o aluguer.

PUBLICIDADE