Vigo renova a súa presenza activa no encontro HackForGood de Telefónica
luns, 18 de marzo do 2019
- Participantes da Universidade de Vigo nunha das anteriores edicións de HackForGood Telefónica
A
operadora Telefónica, a través da súa Rede de Cátedras, impulsa
un ano máis HackForGood, o encontro interuniversitario que se
celebra de maneira simultánea en varias cidades e que consiste en
xuntar hackers de toda España para desenvolver solucións
tecnolóxicas innovadoras que dean resposta a máis dun centenar de
retos sociais expostos para construír un mundo mellor. Vigo, Madrid,
Valencia, Sevilla, Murcia, As Palmas de Gran Canaria, Valladolid,
Salamanca, Cáceres e Cidade-Real acollerán esta sétima edición
2019.
HackForGood
conta co apoio da Fundación Hazloposible, Fundación Telefónica,
MashmeTV e a Universidade de Vigo, ademais da colaboración especial
de EFIC e OpenWebinars.
O
encontro interuniversitario celebrarase os días 21, 22 e 23 de marzo
en 10 cidades españolas de forma simultánea durante 48 horas. Na
listaxe de sedes, hai presenza galega: o Teatro da Cidade
Universitaria da Universidade de Vigo.
HackForGood
estrutúrase ao redor de desafíos ou proxectos de innovación social
denominados “retos” que poden ser propostos por calquera persoa
ou entidade a través da web http://www.hackforgood.net
e que a organización asignará a un equipo de hackers para
que traballen na iniciativa durante o transcurso do encontro.
Durante
HackForGood 2019 valorarase a formación de equipos
multidisciplinares que inclúan todo tipo de perfís: deseñadores,
informáticos, enxeñeiros, técnicos, sociólogos, emprendedores
sociais, etc., ademais da creatividade e innovación das solucións
propostas, o grao de acabado conseguido durante o hackaton e o
impacto social das mesmas. Con todo iso, os participantes poderán
acceder a tres categorías de premios: locais, nacionais e Big
Day.
O
ano pasado, os gañadores a nivel estatal foron os responsábeis de
Frigde Ligero, un proxecto centrado en facilitar a experiencia de
compra e consumo alimenticio aos invidentes para mellorar a súa
autonomía; ParticleAI, un sistema centralizado baseado en
Intelixencia Artificial con capacidade para analizar, controlar e
predicir o estado de partículas en suspensión, pole e contaminación
a partir de grandes cantidades de datos históricos co obxectivo de
mellorar a calidade de vida da sociedade; Read2Hear, unha aplicación
para persoas con deficiencias auditivas que permite recoller a voz e
traducila en modo texto mediante un dispositivo que pode integrarse
nunhas lentes e, finalmente, Small Portable Defibrillator, un
desfibrilador moi pequeno que se conecta directamente co móbil do
usuario, avisando aos sanitarios coa localización do dispositivo,
así como o diagnóstico do afectado e consellos para a persoa que
estea a asistir ao paciente.