Vigo acollerá un encontro para empresas que desenvolven proxectos no contorno da IA

luns, 10 de marzo do 2025 Marcus Fernández

A IA Nexus Business Vigo celebrará o vindeiro xoves entre as 9:30 e as 14:00 no Consorcio Zona Franca de Vigo (sito na rúa Areal, 46) o foro A IA, o teu socio estratéxico, un evento informativo que busca tamén ser catalizador para a acción e achegará ás empresas as ferramentas, o coñecemento e a confianza que precisan para empregar a intelixencia artificial e transformar os seus negocios.
Esta cita vai dirixida a empresas de formación IA, consultorías de IA, institucións empresariais, holdings tecnolóxicos e empresas tecnolóxicas, que contará coa asistencia de directivos de empresas de diferentes sectores económicos, polo que é unha boa oportunidade para todos os asistentes.
Os interesados en acudir a este evento con aforo limitado poden solicitar un convite a través da súa páxina web.

PROGRAMA

9:30 – BenvIda da man de David Regades, delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo.

9:35 – Inauguración coa participación de Raquel Robledo, directora de IA Nexus Business Vigo, Juan Francisco Puentes, subdirector de Certificación, Avaliación de Tendencias, Coordinación e Formación en IA da AESIA, e Miguel Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia.

10:00 – Mesa de debate: A Intelixencia Artificial como oportunidade para o desenvolvemento industrial
Participan Julián Cerviño, director da AMTEGA, Juan Francisco Puentes, subdirector de Certificación. Evaluación de Tendencias, Coordinación e Formación en IA da AESIA, e Luís Moreno, director xeneral de CTAG.

11:30 – Mesa de debate
Participan Belén Muñoz, responsable de Desenvolvemento de Negocio de MU Cortex, Daniel García Coego, director da Área de Sistemas Intelixentes de GRADIANT, e Santiago Muíños, team leader Artificial Intelligence de AIMEN.

12:00 – Pausa - café

12:20 – Promover e implementar a IA nas empresas, independentemente do seu tamaño
Patricia López Quintiá, subdirectora de Innovación Empresarial en IGAPE

12:45 – Coloquio: Tempos de realidade para a IA
Antonio Torrado, socio director do SDG Group Ibérica.

13:20 – Coloquio: Explotar de forma óptima a información: RAG como acelerador de procesos de traballo.
Rafael San Miguel, data specialist in2Al de The Al Experts Place.

14:00 – Clausura