ViewSonic estrea un monitor táctil con Android integrado

martes, 11 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O monitor inclúe webcam para realizar videoconferencias

ViewSonic vai pór á venda nos EE.UU. o mes que vén a 399 dólares o seu monitor táctil VSD220, que con 22 polgadas e unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles destaca por integrar Android 4.0, procesador ARM Cortex-A9 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno, micro HDMI, 3 portos USB, lector de tarxetas SD, Ethernet, toma de auriculares, webcam de 1,2 Mpíxeles para videconferencia, Wi-Fi e Bluetooth, de xeito que podemos empregalo para tarefas como navegar pola web ou reproducir multimedia, así como para empregalo como monitor do noso ordenador ou da nosa consola de videoxogos.
Este monitor pode resultar atractivo para acceder a escritorios e aplicacións remotas (por exemplo, en servidores Citrix), de xeito que teriamos un atractivo cliente lixeiro para centros de ensino e empresas, que para operar como un PC ordinario só precisaría dun rato e dun teclado.

O monitor de ViewSonic ten unha pantalla de 22 polgadas, das que só só 21,5 polgadas son visibles

PUBLICIDADE