Artigos desta sección
Monter Hunter Tri sairá o 23 de abril
O vindeiro 23 de abril chegará a España o xogo Monster Hunter Tri para Wii, título que vén de ter un grande éxito no Xapón, onde a revista Famitsu deulle unha puntuación perfecta (40 sobre 40). Por fortuna, este título de Capcom e Nintendo contará cun modo de xogo en liña de balde (compatible con Wii Speak), e incluso será posible a súa compra de xeito (...)
Ler máisAs dúas primeiras entregas de Final Fantasy chegan ao iPhone
A pouco máis dunha semana do lanzamento en España do novo Final Fantasy XIII para Xbox 360 e PlayStation 3, chega para iPhone e iPod Touch os xogos Final Fantasy e Final Fantasy II, que saíran no Xapón nos anos 1987 e 1988 respectivamente a un prezo de 6,99 euros, o que sorprende por ser moito máis elevado do habitual nos terminais de Apple, onde o normal é (...)
Ler máisPlants vs Zombies convértese no xogo máis vendido para iPhone no seu lanzamento
Os xogos para iPhone e iPod Touch están a ser toda unha revolución, e así temos que títulos coma Doodle Jump conseguen vendas millonarias, o que superou de vez o Plants vs Zombies, que en só 9 días superou as 300.000 copias e incluso superaría o millón de dólares en vendas (cada copia véndese a 2,39 euros na App Store), o que resulta especialmente interesante se (...)
Ler máisSuper Mario Galaxy 2 sairá no verán
Os afeccionados a xogar coa Wii lamentarán os últimos anuncios de Nintendo en Australia, onde confirmaron que os agardados xogos Super Mario Galaxy 2 e Metroid: Other M chegarán ao mercado entre os meses de xuño e agosto deste ano, o que supón un retraso con respecto ao que agardaban moitos (distintos medios aseguraban que o novo xogo de Mario chegaría ás (...)
Ler máisKick-Ass terá xogo para PlayStation Network e iPhone
A película baseada no cómic de Mark Millar e John Romita Jr., Kick-Ass, que estrearase internacionalmente en abril (aínda que segundo parece, a España non chegará ata o 4 de xuño) e virá acompañada dun videoxogo para a PlayStation Network e para o iPhone, de xeito que, ao estar ante un título descargable, partimos dun nivel técnico e de calidade que non deberían (...)
Ler máisNovos detalles da versión para iPhone de Street Fighter IV
Tras o seu paso por Xbox 360, PlayStation 3 e PC, a conversión para iPhone e iPod Touch do xogo Street Fighter IV está a captar moita atención, pois indicaría que este título de loita podería explotarse en dispositivos móbiles, e finalmente dende Gamepro detallaron que esta entrega da franquía de loita chegará á App Store durante o mes de marzo a un prezo de (...)
Ler máisCommand & Conquer 4 carecerá de xogo en rede local
Os encontros informáticos con partidas en rede local cada vez o teñen máis difícil ante o control que os desenvolvedores de videoxogos queren manter sobre os seus produtos, cada vez máis dependentes de servidores centralizados na Internet e impedindo o seu uso en grupo de xeito privado, e tras as críticas á ausencia dun modo de xogo en rede local en xogo coma (...)
Ler máisA SingStore recibe 8 cancións en español este xoves
Coma vén a ser habitual, o vindeiro xoves chegarán novas cancións para o SingStar da PlayStation 3, e na actualización desta semana destaca a presenza de varias cancións dos Jackson 5, aos que únense o Truly de Lionel Richie, o Boys & Girls de Pixie Lott, We Cry de The Script, un paquete de cancións dos Stereophonics e oito cancións en español (moitas máis (...)
Ler máisÉxito do xogo web de Águila Roja
A serie de televisión Águila Roja é un dos grandes éxitos de TVE que destaca pola ambientación dunha pequena vila do século XVII e que vén de estrear un videoxogo multiusuario en liña de balde con elementos estratéxicos, que fai uso da típica mecánica de construír, mellor, administrar e combater, pero conseguindo unha personalidade de seu, cunha caracterización dos (...)
Ler máisSonic & SEGA All-Star Racing estrea demo para Xbox 360 e PS3
O xogo Sonic & SEGA All-Star Racing estreou hoxe versión de demostración descargable de balde tanto para a PlayStation 3 como para a Xbox 360, que permite botar unha ollada á acción deste título no que Sonic e os seus amigos de SEGA realizan unha emocionante carreira na que esquivan armas, utilizan trucos, derrapan, buscan atallos e intenta controlar os (...)
Ler máis0 | ... | 5250 | 5260 | 5270 | 5280 | 5290 | 5300 | 5310 | 5320 | 5330 | ... | 6620