Velocity Micro presenta tablets económicos de 8 e 10 polgadas

xoves, 8 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Este mes Velocity Micro estrea unha nova xeración de tablets Cruz, cos modelos T408 e T410, con pantallas de 8 (4:3) e 10 polgadas (16:9) e prezos de 239,99 e 299,99 dólares, o que anima a competencia neste sector, pois estamos ante uns produtos bastante completos con procesadores Cortex A8 a 1 GHz, 512 Mb de RAM, pantalla capacitiva de boa resposta, cámara frontal, Wi-Fi N, Android 2.3 con Adobe Flash Player 10.3, aplicacións premium pre-instaladas (como Angry Birds Rio e QuickOffice) e acceso á Amazon Appstore.
Deste xeito podemos entender que os tablets Velocity Micro Cruz T408 e T410 son uns bos dispositivos de entrada a este tipo, polo seu atractivo prezo, aínda que resulta evidente que non poden competir con trebellos como o iPad, o Morotola XOOM ou os Samsung Galaxy Tab, en boa medida por funcionar cunha versión de Android non optimizada para tablets. Estarán dispoñibles antes de rematar o mes.

Os novos tablets de Velocity Micro inclúen aplicacións preinstaladas como <em>Angry Birds Rio</em> e <em>QuickOffice</em>

JPEG - 69.9 KB
Os tablet Cruz funcionan con Android 2.3

PUBLICIDADE