Ve a luz o novo Moto M

luns, 7 de novembro do 2016 Marcus Fernández

A tenda en liña chinesa Tmall vén de desvelar o que será o novo Moto M, un novo smartphone de gama media con pantalla Full HD de 5,5 polgadas que pode mercarse por 1.999 iuans (267,16 euros) e presume de corpo de metal resistente ás salpicaduras e dun novo sensor de pegadas dixitais traseiro.
En especificación teriamos un smartphone cun procesador MediaTek Helo P15, 4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 16 Mpíxeles, dobre SIM, son Dolby Atmos e batería de 3.050 mAh, de xeito que teriamos un dispositivo que non chamara especialmente a atención se no fose porque se estrea baixo o paraugas dunha marca reputada como Motorola (aínda que a algúns decepcionará por funcionar con Android 6.0, en vez de atreverse xa a contar coa seguinte versión do sistema operativo móbil de Google).

O novo smartphone chega con corpo metálico con recubrimento hidrofóbico

PUBLICIDADE