Varios informáticos posan para un Calendario Tórrido

xoves, 20 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Tralas películas Full Monty e Las Chicas del Calendario, a elaboración de calendarios con persoas espidas para achegar fondos para iniciativas solidarias (ou non tanto) espállase por todo tipo de colectivos, sen esquecer o sector das TIC. Póñense así á venda 500 copias do Calendario Tórrido, no que 12 + 1 profesionais do mundo da informática (entre os que hai galegos) posan con pouca roupa para colaborar coa organización Human Care International que traballa en Nova Delhi.
Cada calendario véndese a 12 euros, e nas súas páxinas se pode ver a Lluis Franco, Chico Maravillas, Miguel Jiménez, Fernanbanjo, Damisela Salgado, Unai Zorrilla, Ivan González, Paniagua, McPegasus, Rodrigo Corral, José Manuel Alarcón, Benjamín Mateos e El Maligno, que adornarán as paredes de moitas oficinas por unha boa causa.

PUBLICIDADE