Vanquish terá un modo de xogo extremadamente difícil

venres, 30 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Shinji Mikami, creador da saga coma Resident Evil, está involucrado na creación do novo xogo de Platinum Games, Vanquish, que chegará ás tendas europeas o 22 de outubro, e será un título de acción en terceira persoa para Xbox 360 e PlayStation 3 cunha ambientación futurista anuncia que podería satisfacer a moitos perfís de xogador, xa que contará con 4 niveis de dificultade. Recoméndase aos usuarios que comecen a xogar polos modos doados, que parten dun Casual Auto (doado pero divertido, pois limita o xogo a apuntar e disparar) e un Casual, que servirán para pasarse logo ao modo Normal, que será no que quedarán a meirande parte dos xogadores (e sería o modo recomendado polo creador do xogo), posto que o modo Difícil será extremadamente complicado, sendo definido por Mikami coma God Hard Mode, ou sexa, só válido para os máis curtidos neste tipo de xogos.
Vanquish sitúa a acción nunha estación espacial nun futuro non moi afastado, no que os EE.UU. e Rusia loitas polos escasos recursos enerxéticos do planeta, e no que tomaremos o papel de Sam Gideon, creador de ARS (un traxe que o converte nun supersoldado) e líder dun escuadrón que enfrontarase aos rotos rusos para retomar o control da estación.

Mikami recomenda xogar a Vanquish no nivel de dificultade Normal

PUBLICIDADE