Unu anuncia baterÃas externas de carga ultra-rápida
martes, 10 de xuño do 2014
En mobilidade resulta de grande utilidade contar con
baterÃas externas para poder recargar os nosos dispositivos electrónicos, pero
estes cargadores de emerxencia teñen
entre as súas eivas que, ao ter unha alta capacidade, tamén adoecen de elevados
procesos de carga (habitualmente de varias horas) o que claramente pode ser un
problema de cara a unha saÃda planificada con pouco tempo, polo que as novas
baterÃas de Unu de seguro que van atopar moitos consumidores interesados en
facerse con estes produtos que estarán dispoñibles a partir do 30 de xuño, e
que prometen cargas ultra-rápidas.
Estas novas baterÃas coa tecnoloxÃa de carga rápida Ultra-X chegarán en dúas
versións: a baterÃa
Ultrapak Go cunha capacidade de 3.000 mAh que poden cargarse en só 30
minutos (conseguindo chegar a súa carga aos 2.000 mAh en só 15 minutos; e a Ultrapak Tour, cunha
capacidade de 10.000 mAh que pode cargarse en só 95 minutos (repetindo tamén a
posibilidade de conseguir 2.000 mAh de carga en só 15 minutos).
O modelo máis cativo resulta bastante compacto (é máis pequeno que a meirande
parte dos smartphones) e pode achegar por USB até 2.1 A (de xeito que pode
cargar incluso tablets); mentres que o modelo grande estarÃa máis orientado
para viaxes e fins de semana, destacando por contar con 2 portos USB de 2,1 A e
1 A, de xeito que poderÃa cargar simultaneamente un tablet e un smartphone.
Ambas baterÃas teñen unha pantalla na que amosan o seu nivel de carga e tamén
contan cun LED que pode facer de lanterna.
VÃdeo promocional das novas baterÃas externas de Unu