Uns 13.000 fogares e empresas de Carballo terán acceso a R antes de que remate o ano

venres, 20 de outubro do 2006

O operador galego R segue adiante levando a súa infraestrutura e o seus servizos de telecomunicacións ás vilas galegas. Agora é a quenda de Carballo, concello no que case 13.000 fogares poderán verse beneficiados a medio prazo polos servizos de telefonía, internet de alta velocidade e televisión temática multicanle que ofrece a devandita empresa galega.
O despregue das redes de R, que está a levar consigo un orzamento de 5,29 millóns de euros ó longo de 2006, xa chegou a día de hoxe a preto de 2.100 fogares e locais empresariais de Carballo, pertencentes todos eles á zona de Ambulatorio. A previsión é que antes de que remate o ano, teñan acceso ós servizos da operadora as zonas de Ponte da Pedra, Anllóns e A Cristina. R tamén estuda a posibilidade de levar a súa infraestrutura ó polígono da Bértoa.

PUBLICIDADE