Unravel verá a luz o 9 de febreiro

luns, 14 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Na pasada edición do E3 Electronic Arts presentou un fermoso xogo de plataformas e quebracabezas, Unravel, que destacaba pola súa estética, xa que o seu protagonista é un diminuto personaxe feito de fío, Yarny, que irase desenredando segundo avanza e que deberá atravesar numerosos obstáculos naturais que darán se amosarán en pantalla dun xeito cativador, e ante a expectación creada agora tou o momento de desvelar un detalle moi importante deste xogo: cando sairá á venda?
Pois hoxe, Martin Sahlin, director creativo de Coldwood Interactive, estudio que está a desenvolver Unravel, desvelou que o seu xogo chegará ás tendas o vindeiro 9 de febreiro, estando sa dispoñible en reserva a un prezo de 19,99 euros para Xbox One, PlayStation 4 e PC (Origin).

Tráiler de Unravel

PUBLICIDADE