Unmillondecasas.com crea a primeira Comunidade Virtual Inmobiliaria

venres, 26 de outubro do 2007 Raquel Noya

A páxina web www.unmillondecasas.com, o buscador vertical inmobiliario de España (creado pouco antes do pasado verán), vén de anunciar a posta en marcha dunha comunidade virtual encamiñada a facilitar as tarefas de compravenda tanto ós propietarios como ós particulares e promotores asociados á mesma.
Grazas á creación deste servizo, os particulares poden realizar encargos de compra coas características que desexen e os propietarios e promotores publicar ofertas de venta para a súa xestión por parte de axentes inmobiliarios, creando, deste xeito, o primeiro marketplace virtual de España orientado a facilitar e fomentar a relación profesional entre vendedores, inmobiliarias e potenciais compradores.
Segundo os responsables da web, para os axentes inmobiliarios, unirse a Un Millón de Casas, “a diferenza doutros portais, non supón ningún custo fixo e achega unha serie de vantaxes considerables”. As devanditas vantaxes son: beneficiarse dun buscador especial, xerar tráfico cara ás súas propias páxinas web ou, a través da comunidade, acceder ós principais compradores que estean a procurar unha propiedade e teñen un lugar de captación de inmobles a través das ofertas de venta, aforrando tempo e esforzo.

PUBLICIDADE