Unha serie de obradoiros arrouparán a celebración do 10º aniversario da Galipedia

luns, 14 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

O vindeiro mes de marzo a Galipedia (sección en galego da Wikipedia) celebra o seu 10º aniversario, e para tal celebración están a organizar distintas actividades por toda Galicia entre as que destacan especialmente obradoiros de edición en creación de contidos na Wikipedia en galego, de xeito que mediante pequenos relatorios informativos e formativos cun carácter o máis práctico posible buscan que os asistentes tomen un papel activo nesta enciclopedia colaborativa.
Os primeiros destes obradoiros de edición faranse en Pobra do Caramiñal, Narón, Lalín e Ribadeo (agardando anunciar novos enclaves en breve) para rematar o 9 de marzo con actividades e un día festeiro nunha localización por determinar.
Fieis ao espírito da Wikipedia, esta serie de actividades está aberta á achega de colaboracións, tanto para a proposta de lugares nos que impartir os obradoiros (sempre que cumpran cunhas condicións mínimas) como para ofrecerse como voluntario para a súa impartición (respectando o formato fixado).

A Galipedia celebrará o seu 10º aniversario en marzo

PUBLICIDADE