Unha reclamación de Ramoncín leva ao peche da canle de El Jueves en YouTube

mércores, 11 de novembro do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 247.7 KB
Unha das parodias de Ramoncín publicadas por El Jueves

Dende a revista El Jueves sorprende ao anunciar que veñen de cancelar a súa canle en YouTube por «orde dunha asesoría xurídica que vela polo respecto na Rede do seu cliente», o cantante Ramoncín, o que leva á publicación a optar por utilizar o servizo de vídeos DailyMotion, no que pensan publicar os contidos censurados, á vez que tamén emprenderán unha serie de trasnadas, cargando semanalmente vídeos de Ramoncín a YouTube para ver o que duran.
Hai meses a Fox realizou unha reclamación de copyright por un vídeo con imaxes da serie dos Simpson sobre a que fixeron unha dobraxe dende El Jueves, pero ao denunciar 2 vídeos Ramoncín (nos que parece ser que non se lle insultaba, senón que se lle parodiaba ao falar de temas coma o P2P) sumaban 3 reclamacións, ante o que YouTube, en vez de borrar os vídeos problemáticos, opta polo borrado total da canle en cuestión, sen contactar antes coa publicación, o que parece unha medida moi drástica, pero que responde ás propias normas do servizo, que parece ser bastante vulnerable, aínda que dende YouTube aseguran que El Jueves aínda pode facer unha contranotificación se considera que conta cos dereitos para o uso dos vídeos.
Aínda que un dos vídeos denunciados por Ramoncín recente (un par de semanas) o outro levaba na Internet 3 anos, polo que sorprende que tomasen medidas contra o mesmo agora, aínda que resulta máis abraiante que YouTube decidise optar por suprimir unha canle con máis de 100 vídeos e 800 subscritores ante unha reclamación puntual sobre a que claramente podería haber discusión (non foi un xuíz o que solicitou a retirada dos vídeos, senón unha asesoría xurídica).


Vídeo no que dende El Jueves explican o acontecido

PUBLICIDADE