Unha púa Bluetooth permítenos xogar a ser estrelas do rock

xoves, 29 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Hai uns anos sorprendíanos un xoguete chamado Air Guitar Rocker, que permitíanos simular que eramos estrelas de rock movendo unha púa de guitarra por diante dunha fibela de cinto conectada a un pequeno altofalante, e agora que os smartphones son uns dispositivos de uso masivo, este tipo de invento adáptase para empregarse en conxunto cos mesmos, e así temos AirJamz, unha púa de guitarra que pode enlazar cos noso teléfono por Bluetooth, para permitir gozar da práctica do air guitar grazas a unha aplicación dispoñible na App Store e en Google Play na que podemos cargar máis dun cento de instrumentos e sons que poder tocar virtualmente con liberdade, contando tamén con máis de 25 cancións que poderemos interpretar en solitario ou con até 4 xogadores. A aplicación é completamente de balde, aínda que as cancións para a mesma véndense a 0,99 euros cada unha.
O AirJamz véndese en cor negra ou vermella, e aínda que o seu prezo oficial é de 49,99 dólares, nos EE.UU. está a rebaixarse 10 euros por mor do Nadal, aínda que de pedilo dende España o normal é que o prezo final supere os 50 euros, polo que sería un xoguete para os que gocen moito de simular saber tocar a guitarra eléctrica.

O AirJamz é un accesorio Bluetooth con forma de púa de guitarra eléctrica

Vídeo no que se explica o funcionamento do AirJamz

PUBLICIDADE