Unha nova xornada da Cámara de Santiago móstranos como converter visitantes web en clientes

mércores, 29 de xuño do 2022 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago, ao abeiro da actividade da Oficina Acelera PEME (Cámara de Comercio de Santiago e Red.es), vai organizar unha xornada formativa para axudar ás empresas e ás persoas autónomas a acadar visibilidade online. A xornada Estratexias para acadar e converter visitantes web en clientes celébrase o día 8 de xullo en horario de 10.00 a 11.15 horas. Mostrarase como incrementar visitantes cualificados, como converter visitantes en clientes potenciais (leads) e como transformar leads en clientes.
As persoas encargadas de impartir os contidos serán María Sáez (consultora de técnicas de posicionamento freelance con máis de 15 anos de experiencia desenvolvendo proxectos de optimización para empresas nacionais e internacionais), Rubén Beiroa (enxeñeiro en Electrónica e Automática Industrial, director executivo de Train On Tech e co-fundador de Everlatic), Mercedes Rodríguez, experta en desenvolvemento Google, e Marta Vázquez, responsábel do equipo de vendas da empresa galega Teimas.
A actividade, como dixemos, encádrase no programa das Oficinas Acelera PEME (OAP) da Cámara de Santiago. As OAP inclúense no Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es.

PUBLICIDADE