Unha nova plataforma social compostelá axúdanos a ocupar o noso tempo de lecer
luns, 3 de decembro do 2012
- Geodoing está dispoñible para web e dispositivos móbiles
A empresa
compostelá Geodoing, da que forman parte distintos profesionais entre os que
figura o Grupo Promedia do que xa temos falado polos seus recoñecementos no
ámbito do deseño web, desenvolveu unha plataforma de balde para facilitar a
organización de plans e axudar a chegar a acordos coa xente que nos rodea, e
que está dispoñible a través de aplicacións
móbiles para iPhone e para
Android (en breve contará tamén con aplicacións para BlackBerry e Windows
Phone), asà como a través dunha páxina
web, e que supón unha dobre optimización do tempo de lecer: por unha banda
exerce de altofalante social para
coordinar en tempo real aos socios necesarios para o desenvolvemento da
actividade que dese o usuario e, por outra banda, divulgando alternativas de
tempo libre propostas polo demais membros da comunidade á que poder adherirse
en calquera das categorÃas dispoñibles: deportes, aire libre, social, cultura,
acordos e citas.
Os responsables do proxecto aseguran que é o primeiro desenvolvemento destas
caracterÃsticas realizado integramente en España e que entre as súas vantaxes
está a súa efectividade e axilidade para crear eventos sobre a marcha, o seu
uso intuitivo e unha sinxela polÃtica de privacidade que deixa o control dos
datos ao usuario.
Geodoing nace hoxe como un servizo de balde por invitación
(están a repartir invitacións a través de distintos espazos na web, como un concurso a
través de Facebook e outro a través de Twitter)
que permite publicar propostas de lecer de xeito público ou privado, pode
conectarse coas nosas redes sociais dun xeito doado, fai uso da xeolocalización
para facer máis doado atopar eventos de interese ao noso redor e conta cun
sistema de valoracións de usuarios para poder coñecer o nivel de compromiso e
seguridade do resto de usuarios do sistema.
- Geodoing xa conta con aplicacións para Android e iOS
VÃdeo promocional de Geodoing