Unha nova pantalla de Philips incorpora sensor de presenza

venres, 26 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A innovación nos televisores e monitores continúa en Philips, e agora o fabricante holandés presenta a súa pantalla Philips Brilliance, que inclúe unha tecnoloxía chamada PowerSensor, consistente nun detector de presenza, de xeito que cando non haxa unha persoa fronte o monitor a luminosidade reduciríase de xeito notable, podendo chegar a diminuír o consumo preto dun 50%. Esta prestación será configurable, e pode indicarse a distancia á que habitualmente está o usuario da pantalla (entre 30 e 120 centímetros) para unha maior precisión.
A pantalla tamén cumpre coas normas Energy Star e non emprega chumbo na súa fabricación, polo que podería considerarse un produto ecolóxico, que non mes de xullo estará á venda por 199 euros no seu modelo de 22 polgadas cunha resolución de 1.680 x 1.050 píxeles con tomas VGA e DVI e con sistemas de mellora de imaxe coma SmartImage, TrueVision e SmartContrast.

PUBLICIDADE