Unha nova aplicación móbil achega información sobre as praias galegas
mércores, 27 de xuño do 2012
A compañÃa galega Ayco estreou este dÃas na App
Store unha nova aplicación ideal para o verán, pois achega a smartphones de Apple información sobre
as praias galegas a través dun deseño elegante e dinámico. Playas de Galicia
permite descubrir os mellores areais da nosa comunidade achegando información
como a súa localización, a súa previsión meteorolóxica, os seus accesos e
outras caracterÃsticas de grande utilidade para elixir onde pasar as tardes durante
este tempo estival.
A aplicación móbil inclúe un buscador que facilitar a localización da praia que
máis nos interese en función de se conta con bandeira azul, a súa popularidade,
a súa localización... resultando especialmente interesante se buscamos atopar novos
areais nunha escapada pola costa galega.
- A aplicación Playas de Galicia achega información detallada dos areais galegos