Unha muxiá de 95 anos estrea blog
mércores, 27 de decembro do 2006- Fotografía da mocidade de María Aurelia
O pasado 23 de decembro, María Amelia celebraba o
seu 95 aniversario, e o
seu neto decidiu regalarlle un blog, no que el mesmo vai transcribindo as
historias e inquedanzas da súa aboa, rememorando a súa vida, de xeito que esta
señora natural de Muxía se
converte así na avoa da blogosfera galega.
Este novo espazo virtual convértese así nun referente para todo aquel que
queira achegarse a historias cheas de lembranzas dunha muller que se define coma “socialista dende os 16 anos” cando
fala da Guerra Civil o que lle
valeu tamén referencias en distintos blogs de socialistas galegos
(ós que a
señora Amelia quedou
agradecida). Conta dende unha introdución
biográfica ata rimas,
pero se algo está a marcar nos últimos días este orixinal blog é o abraio ante a atención
que está a recibir por parte tanto doutros blogs como de medios de
comunicación tradicionais.
Pero A
mis 95 años non é a única bitácora galega dunha persoa de avanzada
idade, e dende
La Voz de Galicia lembran o caso do xornalista Víctor L. Villarabid de 70
anos que serve así de canle de comunicación para un profesional xubilado que
atopa na Rede un xeito de continuar coa súa vocación, narrando dende o seu blogue
detalles sobre a súa terra, Sarria.